Evacuada de urxencia tras ser atropelada en As Saíñas, Baldaio

Ambulancia Sergas Galicia

Unha persoa tivo que ser evacuada de urxencia en Baldaio tras ser atropelada por un turismo minutos antes das seis da tarde deste venres no lugar de As Saíñas, próximo á praia de Baldaio. Un particular deu a voz de alarma e o 112 Emerxencias Galicia mobilizou a unha ambulancia do 061, á Policía Local e á Garda civil de Tráfico. Ao final esta persoa tivo que ser evacuada de urxencia con prognostico reservado. Investíganse as causas do suceso.