40
Unha persoa tivo que ser evacuada de urxencia en Baldaio tras ser atropelada por un turismo minutos antes das seis da tarde deste venres no lugar de As Saíñas, próximo á praia de Baldaio. Un particular deu a voz de alarma e o 112 Emerxencias Galicia mobilizou a unha ambulancia do 061, á Policía Local e á Garda civil de Tráfico. Ao final esta persoa tivo que ser evacuada de urxencia con prognostico reservado. Investíganse as causas do suceso.