Evacuada de urxencia unha persoa tras arder un almacén en Os Muíños, en Muxía

A alerta saltaba ás 18:55 horas deste domingo no 112 Emerxencias Galicia, quen coordinou un amplo dispositivo de medios para atender un incendio urbán nun almacén no lugar de Os Muíños, no Concello de Muxía. Protección Civil, Garda Civil e Policía Local asistiron ao punto acompañados dos Bombeiros de Cee e unha Ambulancia do 061. Os labores de extinción prolongáronse durante dúas horas debido á gran cantidade de enseres que se atopaban no interior do almacén. O propietario do inmoble tivo que ser evacuado de urxencia na ambulancia ao hospital Virxe da Xunquera de Cee, por inhalación dunha gran cantidade de fume.

Related posts

Dúas empresas presenta ofertas á Xunta para a obra de rehabilitación integral do colexio O Areal de Camariñas

O Concello da Laracha renova o convenio para facilitar a xestión da biomasa nas faixas secundarias

O FIOT repite un ano máis entre os mellores proxectos culturais de Galicia