48
Pasados uns minutos das dez da noite deste sábado produciuse un accidente con feridos na estrada AC-413 que une Carballo con Ordes, concretamente xunto á coñecida como gasolineira das Labradas. O 112 Emerxencias Galicia deu a voz de alarma a esa hora, mobilizando á Policía Local, á Garda Civil e aos Bombeiros de Carballo, así como aos servizos sanitarios que rapidamente compareceron no lugar. Unha persoa tivo que ser excarcerada e evacuada de urxencia en ambulancia ao hospital.