43
Unha señora de idade avanzada que corresponde ás iniciais de A.G.M. e con domicilio na rúa Gran Vía de Carballo, foi evacuada de urxencia á unha da tarde deste venres tras caer na rúa. Os feitos ocorreron pasados uns minutos do mediodía cando esta persoa se dispoñía a cruzar pola confluencia das rúas Vázquez de Parga e Ramón y Cajal, foi aí cando tropezou, caeu ao chan e levou un forte golpe na cabeza, ademais de golpearse nunha perna e nun brazo. Dada a voz de alarma, ao lugar acudiu en auxilio desta persoa unha patrulla da Policía Local e unha ambulancia do 061, que a trasladou directamente a un hospital coruñés, dada a gravidade das feridas.