Evacuada en helicóptero tras saírse da vía co seu coche en Cerceda

1 minutes read
  • Sucedeu na mañá deste martes na parroquia de Encrobas

Unha persoa resultou ferida despois de saírse da vía co seu vehículo e caer por un desnivel cando circulaba pola DP-2104, ao seu paso pola parroquia das Encrobas, no termo municipal coruñés de Cerceda. Foi necesaria a intervención dos Bombeiros da localidade para excarcerar á vítima.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o sinistro tivo lugar moi preto das doce da mañá deste martes na estrada que une as localidades de Meirama e Encobras. Debido á gravidade das lesións provocadas polo impacto, a ferida foi trasladada ao CHUAC nun helicóptero medicalizado.

Foron os membros de Protección Civil de Cerceda os que puxeron os feitos en coñecemento do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, desde onde se mobilizou un operativo no que interviñeron tamén axentes da Garda Civil de Tráfico.