37
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron este venres a unha muller que foi localizada inconsciente dentro dunha piscina privada, no lugar de Gandarío, no termo municipal coruñés de Bergondo.
O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ás 19:00 horas tras recibir a chamada de auxilio dun veciño, polo que de inmediato se puxo en marcha un operativo no que participaron profesionais do 061, os Bombeiros de Betanzos e efectivos de Protección Civil da localidade.