Evacuada unha muller en Coristanco tras un incendio na súa vivenda

Imagen de archivo de una ambulancia del 061

Contra as 11:25 horas deste luns, un particular alertou ao 112 Galicia de que ardía a zona da cociña dunha vivenda situada no lugar Currás de Arriba, en Couso (Coristanco). A única ocupante do domicilio atopábase fóra e precisaba asistencia sanitaria por inhalación de fume, polo que foi levada ata o centro de saúde por Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Neste operativo colaboraron, ademais dos profesionais sanitarios, os Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, a Garda Civil e a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Coristanco. O incendio queimou un sofá pegado á cociña de leña e afectou a outros mobles da estancia.

Arde un silo nunha carpintería en Campo Lameiro

O 112 Galicia recibiu aviso deste incendio dez minutos despois das 8:40 horas deste luns, a través dun particular que alertou de que ardía o silo dunha carpintería en Redonde, Fragas. Desde o primeiro momento confirmou que ningunha persoa resultara afectada. Entón, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron a Garda Civil e os Bombeiros de Vilagarcía, así como persoal do Concello e do distrito forestal da zona, este último dependente da Consellería de Medio Rural. Pouco despois das 11 horas, os medios no punto informaron da extinción do lume, que queimou o silo por completo sen afectar a nada máis.

Related posts

Conclúen as obras de renovación da rede de abastecemento de auga na Avenida Méndez Núñez de Caión

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso