Evacuada unha muller tras un incendio na súa vivenda en A Coruña

Imaxe dunha cociña_PIXABAY
  • A vítima foi derivada ao CHUAC con síntomas de intoxicación polo fume

Unha pota esquecida ao lume foi a causa dun incendio rexistrado no interior dunha vivenda na Praza de Esteban Lareo Castro, na cidade de A Coruña, arredor das 14:30 horas deste xoves. Como consecuencia do fume, a muller que se atopaba no inmoble tivo que ser evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña con síntomas de intoxicación.

Segundo fontes do 112 Galicia, foi un particular quen alertou do fume que saía pola fiestra dun domicilio na parroquia de San Cristovo das Viñas, polo que rapidamente se puxeron en marcha os Bombeiros da cidade e os profesionais do 061.

Nada máis chegar ao lugar dos feitos, o equipo de extinción tratou de atallar as lapas que afectaron á campá extractora e procederon a ventilar o inmoble.