28
Un home de mediana idade tivo que ser evacuado en ambulancia cunha posible fractura nunha extremidade tras ser atropelado por un turismo este xoves en Carballo. Os feitos producíronse á altura do número 90 da rúa Cemiterio Vello. O 112 Emerxencias Galicia, alertado por un particular, coordinaba aos servizos de urxencia para atender ao ferido ás 18:30 horas. Acto seguido unha Ambulancia do 061 trasladouse ao lugar, onde tivo que atender a unha persoa que finalmente foi evacuada do lugar do sinistro polo propio vehículo sanitario. Ao lugar tamén foi enviada a Policía Local, que instruíu as correspondentes dilixencias.