Evacuadas dúas persoas en Fisterra con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono

112 Emerxencias

  • Sucedeu ao fío das 22:45 horas deste venres, nun inmoble na Avenida da Coruña

Os servizos sanitarios tiveron que evacuar a dúas persoas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono ao Hospital Virxe da Xunqueira (Cee) durante a noite deste venres.

Ocorreu nunha vivenda na Avenida da Coruña, onde os bombeiros puideron comprobar como a mala combustión dun aparato produtor de calor provocou a acumulación suficiente de monóxido a punto de provocar síntomas de intoxicación en dous dos moradores que se atopaban no inmoble.

Ao fío das 22:45 horas, o 112 Galicia recibiu a alerta a través da chamada dunha persoa particular que solicitaba axuda para dous membros da familia que experimentaban unha sensación de malestar xeral.

Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasouse aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Cee, aos axentes da Garda Civil, aos efectivos de Protección Civil de Fisterra e á empresa subministradora de combustible da zona.

Related posts

El servicio jurídico de Vieiro atendió a 40 personas de toda la Costa da Morte durante el año 2025

Iniciadas as actuacións para protexer a praia de Razo e mellorar a seguridade da súa contorna

Caión acollerá en abril unha xornada de radio escolar da man da asociación Ponte… nas ondas!