Evacuadas dúas persoas tras un incendio dunha vivenda en Malpica

1 minutes read

O 112 Galicia puxo en alerta aos servizos de emerxencia preto das catro da tarde deste luns por un incendio declarado nunha vivenda ubicada na rúa Emilio González López de Malpica. Ao lugar en auxilio acudiron membros do GES de Ponteceso e os bombeiros de Carballo, quenes se encargaron de extinguir o lume que estaba totalmente desenvolvido por gran parte da vivenda. A extinción resultou dificultosa debido á gran cantidade de enseres que había no interior e ás altas temperaturas que se xeraron. O lume afectou a gran parte da vivenda, que quedou moi deteriorada tanto polo efecto do lume coma polo fume. Como consecuencia do suceso dúas persoas que había no interior foron trasladadas en ambulancia ao PAC de Carballo. Ao lugar tamén acudiu a Garda Civil. Descoñécese a orixe do incendio e investíganse as súas causas, por sorte non chegou a afectar a outras vivendas.