O accidente produciuse este domingo pouco despois das tres da tarde. O peregrino, natural de Aragón, circulaba en bicicleta pola estrada N-547 cando foi atropelado por un vehículo á altura da vila luguesa de Palas de Rei. Tras o forte impacto o home sufriu feridas de gravidade e tivo que ser trasladado primeiro en ambulancia ata o campo de fútbol municipal Os Chacotes, para despois desde alí ser evacuado en helicóptero ata o hospital Universitario Lucus Augusti. O condutor do vehículo, que circulaba só, resultou ileso.