Un home resultou ferido de consideración ás sete da mañá deste sábado, presuntamente atacado cunha arma branca, xunto a uns locais de hostalería da céntrica rúa Fomento de Carballo. Segundo as hipóteses baralladas na zona trataríase de E.H.A. un mozo veciño da localidade, do lugar das Pedreiras. Unha vez dada a voz de alarma ao momento acudiu en auxilio unha patrulla da Garda Civil de Carballo e unha ambulancia do 061 que trasladou ao ferido a un hospital da Coruña. A autoridade competente investiga o ocorrido e a identidade do presunto agresor.
Evacuado de urxencia no centro de Carballo por ferida de arma branca
Imagen de la calle Fomento de Carballo.