Un home necesitou ser trasladado na madrugada deste sábado despois de sufrir un atropelo na estrada que une Carballo e Malpica, á altura de Cances.
Varias persoas contactaron co 112 Galicia para solicitar asistencia médica para esta persoa, polo que de inmediato, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) alertaron aos servizos médicos, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Carballo e a Protección Civil.
Finalmente, os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo comunicáronlle ao 112 que a persoa tivo que ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Ademais, tamén indicaron que realizaron tarefas de limpeza na vía, que quedaba aberta ao tráfico preto das dúas da madrugada.