38
Unha persoa tivo que ser trasladada a un centro hospitalario tras inhalar fume ao rexistrarse un incendio na habitación do hotel en que se hospedaba, en Ponteareas. Así o comunicou o 112 na madrugada deste domingo. O suceso ocorreu fronte á rúa Orotava, ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ponteareas e a Policía Local. Durante a intervención e, por precaución, o inmoble foi desaloxado. Despois os hóspedes puideron volver ás súas habitacións, agás os que se aloxaban na cuarta planta. O lume queimou unha mesa, unha cadeira e unha manta, segundo informaron os traballadores que se desprazadaron ata o lugar.