Evacuado de urxencia tras un incendio na lareira da súa vivenda en Camariñas

1 minutes read

Un home de 40 anos de idade precisou asistencia médica na noite deste martes ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume despois de declararse un incendio na lareira da súa vivenda en Camariñas. Os feitos sucederon na Estrada do Vilán, un veciño da persoa intoxicada alertou do incendio ao 112 Galicia.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Cee, da Garda Civil, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Camariñas e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxos profesionais trasladaron ao home intoxicado ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.