Un accidente entre tres turismos saldouse cunha persoa ferida que tivo que ser trasladada de urxencia, no concello de Melide.
O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro mediante a chamada dunha persoa particular. A colisión múltiple produciuse na estrada AC-840, no lugar de Marín, pertencente á parroquia de Xubial.
Unha vez recollidos todos os datos, desde o CIAE-112 Galicia notificáronselle aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Arzúa e a Protección Civil de Melide.
Xa desde o lugar, a patrulla da Policía Local confirmoulle aos xestores do 112 que no sinistro estiveron implicados un total de tres coches e que unha persoa tivo que ser trasladada ao centro médico.
Desde o 112 Galicia tamén se lle comunicou a información do accidente ao persoal de mantemento da vía.
