Evacuado de urxencia un accidentado no polígono de Carballo

Polígono de Bértoa

Un home de mediana idade, oriúndo da Laracha, foi evacuado de urxencia a última hora da tarde deste luns ao sufrir un accidente laboral cando se atopaba nunha escaleira, traballando nunha nave do polígono industrial de Bértoa en Carballo. Un particular deu a voz de alarma ao 112, mobilizando á Policía Local e a unha ambulancia do 061 que trasladou ao ferido, J.V. C., ao hospital, cun forte golpe nunha perna.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha