Evacuado de urxencia un ciclista en Proame – A Laracha que logo faleceu

1 minutes read

Pasaban uns minutos das 12 e media do mediodía deste domingo, un ciclista circulaba pola estrada AC-552 ao seu paso polo lugar de Proame no termo municipal da Laracha, cando de súpeto sentiuse indisposto e esborrallouse – posiblemente por un fallo cardíaco-. Un particular deu a voz de alarma e de urxencia mobilizouse unha ambulancia do 061 e un helicóptero medicalizado ao lugar para atender ao ciclista. Practicáronlle técnicas de reanimación na propia estrada e con posterioridade foi evacuado de urxencia en helicóptero en estado grave, mais tarde falecía. Trátase dun veciño da Laracha de mediana idade e moi coñecido na zona. Formáronse grandes retencións de tráfico en ambos os sentidos de circulación debido ao suceso.