33
Os servizos sanitarios de urxencia tiveron que intervir no concello ourensán de Padrenda para atender a un home que sufriu a picadura dunha avespa no lugar de Grixo.
O 112 Galicia foi informado do suceso a través dos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que comunicaban a saída do helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender a un varón por mor dunha picada de insecto.
Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia solicitouse o apoio dos axentes da Garda Civil. Ademais, tamén se pasou aviso aos membros do GES de Ribadavia. Finalmente, o ferido foi evacuado a bordo da aeronave ata o centro hospitalario de referencia.
