Evacuado en helicóptero o condutor dun camión accidentado en Zas

0 minutes read

Un camión-formigoneira da empresa López Cao envorcou na tarde deste martes na DP-9302 que une Zas con Muíño ao seu paso polo propio concello de Zas. O condutor e único ocupante do camión resultou ferido, e foi evacuado por un helicóptero medicalizado que se desprazou ao lugar. O vehículo sufriu unha saída de vía nunha curva ao pasar a ponte da carballeira, obrigando a cortar o vial e regular o tráfico de xeito manual. Ao lugar acudiron os bombeiros de Santa Comba, Protección Civil de Zas, Policía Local e Garda Civil.