Tal e como informaba Salvamento Marítimo pasadas as nove e media da mañá deste luns o Centro de Salvamento Fisterra recibía un MAYDAY (sinal de socorro) dun pesqueiro con dous tripulantes, un deles e veciño de Laxe ferido, que fora abordado por un veleiro con 2 tripulantes en bo estado a unhas dúas millas ao noroeste de Punta Roncudo. Tras a colisión prodúcese unha vía de auga no pesqueiro Soprol, que despois logra controlar e navegar cara á súa base no porto de Laxe escoltado pola LS Carme de Cruz Vermella. O helicóptero de salvamento, Helimer 402, evacúa ao tripulante ferido ata o aeroporto coruñés de Alvedro para ser trasladado en ambulancia ao hospital. Tamén participou na operación a Salvamar Altair con base en Camariñas.
0