Un ciclista bateu contra un poste na N-547, ao seu paso por Arca, no concello coruñés do Pino. Debido á importancia das súas lesións, o ferido foi evacuado en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia para pedir asistencia para o deportista, tendido na vía despois de bater contra o poste. Así, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron da situación aos axentes da Garda Civil de Tráfico, que enviaron medios para coñecer as circunstancias do accidente.