Evacuado en helicóptero tras caer da bicicleta en Mazaricos


Un ciclista resultou ferido de consideración ao caer da bicicleta coa que circulaba na parroquia dos Vaos, en Mazaricos. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido e no que foi evacuado a un centro hospitalario. Desde o CIAE 112 Galicia, nada máis recibir a alerta, requiriuse a intervención dos axentes da Garda Civil, dos Bombeiros de Santa Comba, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mazaricos e dos efectivos do GES de Muros, que prestaron apoio ao equipo médico desprazado na aeronave.