Un montañeiro feriuse de gravidade este sábado cando practicaba barranquismo na serra do Courel. A vítima é de Ponferrada e tivo o accidente cando estaba na fervenza da Pedreira. Canda o home estaban outros catro compañeiros realizando esta actividade. O ferido caeu aproximadamente desde uns 20 metros cando estaba a percorrer o barranco do Rego do Val. Ata o lugar desprazáronse ademais do helicóptero do 061, efectivos do GES do Folgoso, unha ambulancia e a Garda Civil de Seoane. Evacuárono ata o hospital de Ourense e sofre traumatismo cranioencefálico e ten varias costelas rotas. O seu estado é estable.