Evacuado en helicóptero tras caer desde un terceiro piso en Carballo


Momento do traslado do ferido desde a ambulancia á aeronave.

Un home de mediana idade sufriu unha caída desde un terceiro piso dunha vivenda situada na confluencia das rúas Gran Vía e Vila de Corcubión en Carballo. O suceso produciuse minutos despois das tres e media da tarde, ademais de veciños e transeúntes de inmediato chegou ao lugar unha patrulla da Policía Local, así como unha ambulancia medicalizada que estabilizou ao ferido no punto. Ao tempo mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela que en poucos minutos aterrou nas proximidades do centro médico carballés. Logo de case unha hora de atención sanitaria ao ferido, este foi evacuado na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, (CHUAC), en estado grave. Trátase de esclarecer agora cal foi o motivo da caída.