46
Un home de 56 anos tivo que ser atendido de urxencia este luns no lugar de Nantón, en Cabana de Bergantiños. Un particular contactaba co 112 Emerxencias Galicia para solicitar asistencia tras un incidente cunha motoserra. A persoa accidentada sufriu un corte nunha perna cando realizaba labores de tala. Ao lugar desprazouse unha ambulancia do 061, así como os Bombeiros do GES de Ponteceso. Tamén foi mobilizado o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que foi onde finalmente se trasladou ao ferido ao hospital.