32
Unha chamada ao 112 Emerxencias Galicia daba a voz de alarma este domingo dunha persoa que estaba tirada no chan en Cabana de Bergantiños. Ao lugar mobilizouse a Protección Civil, Policía Local, Ges de Ponteceso, Garda Civil e unha Ambulancia do 061, pero dada a gravidade do ferido, foi solicitada a intervención do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, para ser trasladado de urxencia ao hospital.