Evacuado en helicóptero un home tras quedar atrapado debaixo dunha fresa en Mondariz

112 Galicia

  • O incidente produciuse arredor das 17:00 horas, e a vítima tivo que ser excarcerada polos bombeiros

Un home resultou ferido de consideración na tarde deste martes ao quedar atrapado baixo a fresa que manexaba nunha leira no lugar de Penalonga, en Mondariz. O incidente produciuse arredor das 17:00 horas.

Os GES e Bombeiros de Ponteareas e do Porriño encargáronse de excarcerar ao home que, finalmente, foi evacuado nun helicóptero medicalizado a un centro hospitalario.

No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha