8
Un home resultou ferido de gravidade á última hora da tarde deste martes tras ser atropelado polo seu propio tractor. Os feitos tiveron lugar preto das 20:30 horas no lugar de Randufe, en Santa Comba. Ao punto desprazouse de urxencia unha ambulancia do 061, á Policía Local, Protección Civil e Bombeiros de Santa Comba. Dada a gravidade do tractorista, o 112 Emerxencias Galicia tamén mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. Unha vez estabilizado o ferido, foi evacuado na aeronave ao CHUS.