Evacuado en helicóptero un home en Salvaterra cun disparo de escopeta na barriga

1 minutes read

Un particular chamaba ao 112 Galicia solicitando asistencia médica urxente debido a que había unha persoa cun disparo na barriga e unha escopeta ao seu carón. Os feitos producíronse no lugar do Campo da Feira, en Salvaterra de Miño (Pontevedra).

Así, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia, solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron ao lugar a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense para o traslado urxente do ferido ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ademais, desde o 112 Galicia, deuse aviso aos bombeiros de Ponteareas, aos axentes da Garda Civil e á Policía Local. As autoridades tratan de esclarecer as circunstancias nas que transcenderon os feitos acontecidos neste suceso.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?