Evacuado en helicóptero un home ferido de gravidade tras un accidente cun guindastre en Bande

Un home foi golpeado pola pinza dun guindastre que realizaba labores forestais. Tal e como trasladou o 112 Galicia, o suceso tivo lugar ao redor das 17.15 horas deste sábadona marxe da estrada OU-540, á altura do quilómetro 50, na parroquia de Santa Comba.

Foi o propio condutor da máquina quen explicou que, mentres realizaba unha manobra de marcha atrás, golpeou accidentalmente á vítima.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 pasouse o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxos profesionais determinaron a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Ademais, para garantir a seguridade da zona e colaborar na evacuación, tamén interviñeron membros do GES de Muíños, dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Despois de ser asistido no punto polos equipos sanitarios, o home foi evacuado na aeronave ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Related posts

Desde o 13 de abril xa te podes inscribir para a 10k Carballo

O Concello da Laracha presenta a nova edición do programa ‘Andainas na Primavera’

Vieiro agradece o apoio constante recibido de Conservas Calvo e da Fundación Luís Calvo Sanz