43
Un home tivo que ser trasladado no helicóptero despois de sufrir un accidente co seu tractor. Segundo o 112 Galicia, o vehículo agrícola chocou contra unha árbore e pasou por encima do varón cando caeu.
Os feitos ocorreron sobre as 9 da mañá deste xoves no lugar pontevedrés de Levoso. Foron os servizos sanitarios de urxencia os que alertaron ao 112 Galicia do accidente.
No suceso tamén interviron axentes da Garda Civil, os Bombeiros do Deza e efectivos do GES da Estrada.
O ferido foi trasladado ao Hospital Montecelo na aeronave medicalizada con base en Santiago.