Evacuado en helicóptero un mozo despois de resultar ferido tras tirarse ao mar na Pobra do Caramiñal

1 minutes read
  • A vítima quedou inmóbil despois de lanzarse á auga

Un mozo duns vinte anos foi evacuado a bordo da aeronave medicalizada con base en Santiago na tarde deste luns tras sufrir unha lesión despois de tirarse ao mar. Os feitos tiveron lugar ás 16:45 horas no concello coruñés da Pobra do Caramiñal.

Foron os compañeiros do rapaz quen alertaron ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica urxente xa que a vítima quedara inmóbil despois de lanzarse á auga na zona entre a Praia de Cabío e os areais.

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o CIAE solicitouse a intervención dos servizos sanitarios que mobilizaron ata o punto ao helicóptero medicalizado.

Para prestar apoio ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o 112 pediuse a colaboración dos axentes da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade.