Evacuado en helicóptero un operario tras un accidente en Arzúa

  • O home atopábase traballando nunha plataforma elevadora nun viveiro

Un home resultou ferido de consideración este mércores ao sufrir un accidente cunha plataforma elevadora mentres traballaba nun viveiro na parroquia de Campo, en Arzúa.

Tras a chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia preto das 15:45 horas, activouse un operativo no que interviñeron os efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Finalmente a vítima tivo que ser trasladada en helicóptero medicalizado ao centro hospitalario de referencia.

Na actuación tamén participaron a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Arzúa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha