Evacuado en helicóptero un traballador en Mazaricos tras ser atropelado por unha máquina agrícola

Axencia Galega de Emerxencias 112

  • O incidente produciuse arredor das 13:00 horas no lugar da Picota

Un operario tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado ao mediodía deste luns despois de sufrir un accidente cunha máquina agrícola no lugar da Picota, no concello coruñés de Mazaricos. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos equipos de intervención, a vítima foi atropelada polo vehículo e sufriu lesións de diversa consideración.

Foi un particular quen, sobre as 13:00 horas, alertaba do incidente ao 112, desde onde se puxo en marcha un operativo no que participaron os sanitarios do 061, os Bombeiros de Santa Comba, o GES de Muros, axentes da Garda Civil e membros de Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha