Evacuado en helicóptero un tractorista tras quedar atrapado ao envorcar o seu vehículo en Silleda

O condutor dun tractor necesitou a axuda dos equipos de emerxencias tras sufrir un accidente e rematar atrapado debaixo do vehículo nunha leira no lugar de Augacai, no concello pontevedrés de Silleda.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, os Bombeiros do Deza tiveron que empregar o material de excarceración para liberar o ferido, que foi trasladado ata o centro hospitalario de referencia a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Un familiar do tractorista chamou ao 112 para solicitar axuda para un varón, veciño da parroquia de Dornelas, que quedara atrapado mentres manexaba o vehículo agrícola.

Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Deza e dos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha