Pasaban uns minutos das 11 da mañá deste martes cando un particular deu a voz de alarma a través do 112 Emerxencias Galicia, solicitando asistencia urxente na rúa Miraflores de Santa Comba para un veciño do lugar de 59 anos que se precipitou ao baleiro desde unha vivenda cando estaba limpando unha xanela, alí acudiron os servizos de emerxencia que demandaron a presenza do helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago de Compostela que trasladou ao ferido, unha vez estabilizado no lugar, e dada a gravidade das lesións, ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. O persoal do CIAE 112 Galicia pasou o aviso á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil, que apoiaron aos efectivos médicos durante a evacuación da persoa precipitada.