- Sucedeu ás 10:30 horas no lugar de Barrio, na parroquia de Muradelle
O condutor dun tractor tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado este sábado tras resultar ferido de consideración ao quedar atrapado baixo o vehículo despois de que este envorcara. Sucedeu ás 10:30 horas no lugar de Barrio, na parroquia de Muradelle, no concello lucense de Chantada.
Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Chantada para liberar a vítima, que foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.
Tamén interviñeron axentes da Garda Civil, da Policía Local e membros de Protección Civil de Chantada.