Evacuado un edificio en Fene por causa dun incendio

Dereitos de autor: Tráfico Ferrolterra

  • Unha ambulancia trasladou a unha muller en «estado de nerviosismo» mentres os bombeiros sufocaban as chamas.

Os veciños dun edificio situado na Estrada da Palma tiveron que ser evacuados do inmoble este domingo, despois de que un incendio arrasase un piso por completo.

Os feitos sucederon preto das 17:30 horas, e segundo fontes do 112 Galicia, foron varios os veciños que alertaron do lume. Todos eles foron evacuados ata que os Bombeiros de Ferrol e membros do GES de Mugardos finalizaron as tarefas de extinción, sobre as 19:00 horas. Ademais, unha muller tivo que ser trasladada polos servizos de emerxencias debido ao estado de nerviosismo no que se atopaba.

No operativo participaron tamén axentes da Policía Local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha