31
- O lume foi provocado por unhas chispas que incendiaron caixas amontoadas
Un total de 25 operarios foron desaloxados dos seus postos de traballo durante a mañá deste xoves tras producirse un incendio na nave ao detectarse unha avaría eléctrica. Afortunadamente, ningún dos traballadores resultou ferido.
O suceso tivo lugar no Polígono de Río do Pozo, en Narón, arredor das 09:30 horas, segundo fontes do 112 Galicia.
Segundo os Bombeiros de Narón, o incendio produciuse nunha empresa de distribución, en cuxo interior había gran cantidade de caixas de cartón amontoadas que, por causa das chispas provocadas pola luminaria do teito que se soltara previamente, arderon.
Ata o lugar dos feitos tamén se trasladaron axentes da Policía Nacional e Local, así coma os servizos de emerxencias.