Evacuados en helicóptero na costa de Oia tres tripulantes dun veleiro

Imagen de archivo del Pesca 1_Guardacostas de Galicia

Tres dos catro tripulantes do veleiro ‘Lea María’ tiveron que ser trasladados no helicóptero ‘Pesca I’ de Gardacostas ao Hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, despois de que a embarcación perdera o temón e quedase á deriva con mal tempo a media milla de Oia. Seguidamente, chegou ao lugar a ‘Salvamar Mirach’ para efectuar os labores de remolque do ‘Lea María’, co cuarto tripulante a bordo, ata o porto de Cangas. Segundo informan fontes de Salvamento Marítimo, o veleiro ‘Lea María’ emitiu un aviso sobre as 17,30 horas da tarde deste venres, no que indicaba que as condicións meteorolóxicas na zona eran «bastante malas», con ondas de 2,5 metros e ventos de 22 nós. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha