Evacúan en helicóptero a un pescador despois de caer nunha zona rochosa en Arteixo

1 minutes read

Os equipos de intervención rescataron a un pescador que levou un golpe despois de caer nunhas zona de rochas mentres pescaba en Arteixo.

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación do pescador sobre as 19:15 horas da tarde deste sábado, a través dun familiar. Engadía ademais na súa comunicación que o home precisaba asistencia sanitaria debido á caída.

Así, o 112 Galicia informou axiña ao Servizo de Salvamento Marítimo, que enviou á zona unha dotación a bordo do helicóptero Helimer. Foi este equipo quen sacou ao pescador das rochas e o trasladou ao Aeroporto da Coruña, onde o recolleu unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

De igual modo, púxose a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia, dos Bombeiros de Arteixo, dos axentes da Garda Civil e Policía Local e Protección Civil da localidade.