36
Un helicóptero de Salvamento Marítimo evacuou un home que sufriu unha caída nunhas rochas mentres pescaba en Laxe, segundo informou o 112 Galicia. O incidente tivo lugar pouco antes das doce do mediodía deste sábado na Cruz do Cabalo, fronte o areal de Laxe. O accidentado estaba con outras persoas no momento da caída e foron estas as que deron a voz de alerta.
Desprazado ao lugar, o helicóptero de Salvamento recolleu o ferido nesa zona rochosa para trasladalo ao aeroporto da Coruña, onde o agardaba unha ambulancia do 061 de urxencias sanitarias.