Evaristo Domínguez e Xosé María Lema visitan o IES Maximino Romero de Baio

Os escritores Evaristo Domínguez e Xosé María Lema_Cedida

  • A biblioteca do centro iniciou este xoves a terceira edición do Mes do Libro

O venres 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro, polo que o instituto baiés Maximino Romero de Lema decidiu iniciar este xoves a terceira edición do Mes do Libro coa visita dos escritores Evaristo Domínguez e Xosé María Lema, autores de Zas polo miúdo: un exhaustivo estudo das dezaseis parroquias do concello.

Así, o alumnado do centro puido achegarse á memoria patrimonial e histórica do seu municipio, coñecendo ademais a arte ou a presenza da comarca na literatura, sobre todo en Eduardo Pondal.