Evencio Ferrero participa nunha xuntanza sobre a covid na Subdelegación do Goberno

1 minutes read

Debido ao incremento de contaxios e á incidencia do coronavirus, e polo tanto a necesidade de extremar e reforzar as medidas de protección e cautela, desde a Subdelegación do Goberno convocaron para este mércores 22 de decembro un acto para incidir da importancia de seguir adoptando ditas medidas, como é o uso das máscaras e o mantemento das distancias de seguridade. No acto estarán presentes a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e representantes da Deputación da Coruña e dos 11 concellos cunha poboación superior aos 20.000 habitantes. O Concello de Carballo estará representado polo alcalde, Evencio Ferrero.