41
- O accidente produciuse sobre as 16:20 horas no quilómetro 5 da AC-301
Unha muller resultou ferida este mércores en Rois ao saírse da vía o turismo no que viaxaba. O accidente produciuse na AC-301, concretamente no punto quilométrico 5, uns minutos antes das 16:20 horas.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a muller accidentada precisou ser excarcerada polos Bombeiros de Boiro e os efectivos do GES de Padrón, ao quedar atrapada no interior do coche sinistrado, para que fose atendida polos servizos sanitarios de urxencia.
No operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e o servizo de mantemento da estrada.