Excarcerada unha persoa falecida tras sufrir un accidente co seu vehículo en Aranga


Unha persoa de 25 anos perdeu a vida esta madrugada despois de sufrir un accidente co vehículo que conducía pola N-VI, ao paso pola localidade coruñesa da Castellana no concello de Aranga.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro tivo lugar á altura da parroquia de San Lourenzo de Vilarraso ao fío das 05:20 horas da madrugada deste martes. Neste intre, os efectivos da Garda Civil solicitaron colaboración ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para asistir á unha persoa atrapada dentro dun vehículo accidentado poucos quilómetros antes da provincia de Lugo.

De inmediato, os xestores do CIAE puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Betanzos, dos membros do GES de Curtis e do servizo de mantemento da estrada.

Nada mais chegar ao punto, os servizos de emerxencia confirmaron que a persoa estaba falecida e que era preciso o uso do material de excarceración para a súa liberación.

Non se descarta que o conductor se quedase durmido ou sufrise un desvanecemento ao volante, xa que na estrada non quedaron pegadas de freada.