34
- O accidente produciuse no punto quilométrico 137 da N-550, ao fío das 13:20 horas
Unha colisión múltiple na que se viron implicados un turismo, unha furgoneta e un camión que transportaba madeira saldouse esta tarde cunha persoa ferida que tivo que ser excarcerada polos Bombeiros do Porriño. A vítima foi o condutor do turismo, que foi trasladado ao centro médico de referencia.
O accidente produciuse este xoves no punto quilométrico 137 da N-550, ao fío das 13:20 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do suceso.
No operativo participaron os servizos sanitarios do 061, persoal do Servizo de Emerxencias e Incendios de Redondela, e membros da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e de Protección Civil da localidade.